Información

SERVIZOS HOTEL:

Piscina climatizada no inverno dende o 1 de Novembro ata o 15 de Abril. Acceso a Internet WI-FI de balde na zona de Recepción e de pagamento previo nas habitacións. Servizo de Almorzo, Media Pensión e Todo Incluído.

Dispoñemos de zona de aparcadoiro no inverno, suxeito a dispoñibilidade. Ademáis existe un parking público de pagamento a só 100 metros da recepción.

 

SERVIZOS HABITACIÓN:

Dispoñemos de caixa de seguridade e TV nas habitacións previo pagamento, terraza/balcón, cociña, neveira, microondas, tostadora, cafeteira, fervedoiro de auga, secador para o cabelo e baño con bañeira ou ducha.

Apartamento de 2 habitacións, baño privado, salón-cociña, terraza ou balcón (a maioría con vistas ao mar). 

Piscina na parte alta do edificio con amplas zonas de hamacas, parasoles e fermosas vistas ao mar onde ademáis pode desfrutar do sol.

Vostede pode facer uso das toallas da piscina, previo depósito de 5 euros por unidade, durante toda a estadía no complexo. Se desexa renovala debe aboar 1 euro por toalla, non está permitido o seu uso na praia.

Servizos de limpeza: 5 veces á semana, troco de toallas 3 veces á semana e cambio de sabas 1 vez á semana.

Apartamento Las Góndolas ubícase nun lugar e ambiente privilexiados, a poucos metros da praia (acceso peonil) restaurantes e bares, parada de taxis, supermercado e preto de varios centros comerciais, non é preciso nada máis para desfrutar dunhas excelentes e inesquecíbeis vacacións. 

More in this category: Actividades »