Centros Comerciales

A Praia do Inglés dispón de numerosos centros comerciais e de lecer, a saber:

 

 -Bulevar Anexo I e II: a escasos metros dos Apartamentos, poderá desfrutar de restaurantes, bares, cafetarías e tendas.
 

 - Holiday World: centro de lecer para toda a familia con restaurantes e atraccións para maiores e cativos, atópase a menos de 2 kilómetros de Apartamentos Las Góndolas.
 

- Centro Comercial Kasbah: o referente de lecer nocturno do sur de Gran Canaria, con discotecas tan emblemáticas coma Pachá. Polo día conta con gran cantidade de tendas de todo tipo e cunha ampla variedade de restaurantes. E todo a menos 
  de 500 metros de Apartamentos Las Góndolas.
 

- Centro Comercial Yumbo: sito a uns 700 metros dos Apartamentos Las Góndolas, ata pode ir andando e desfrutar dunha combinación de tendas de moda, restaurantes e locais nocturnos enfocados na súa maioría ao público gay.

- Centro Comercial Meloneras: as tendas das mellores marcas e con produtos de moi alta calidade poderá atopalas no Centro Comercial Meloneras, unido todo a unha oferta gastronómica de alto nivel nunha contorna privilexiada
  (xunto ao Faro de Maspalomas).
 

- Centro Comercial El Tablero: de recente e moderna creación, conta cunha excelente panorámica  das Dunas de Maspalomas, onde poderá atopar unha axeitada variedade culinaria e comercial.

- Casino Gran Canaria: a escasos 700 metros dos Apartamentos, desfrutará duns dos casinos máis completos de Gran Canaria con gran variedade de xogos.

- Casino Meloneras: Sito a carón do Centro Comercial Meloneras, destaca pola amplitude das súas instalacións e a variedade da súa oferta de xogos.

More in this category: « Praias Taxis e Bus »